Entrar á cultura do Xapón lévanos ao coñecemento, a emocións profundas. O poeta asume o Wabi-Sabi: a beleza do transitorio, do imperfecto, do incompleto, a impermanencia, a austera soidade. A sakura: a beleza efémera das pétalas da flor a caer. Á escrita en chinés otokode, «mao de home», só podía acceder a nobreza masculina. Elas crearon a propia escrita, o hiragana, «mao de muller», e unha fascinante literatura. A mao de muller guiará o poeta. Non así o código do samurai, «o camiño do guerreiro», grato ao militarismo. A nos ollar, Hiroshima e Nagasaki desde un xenocidio cruel. Así Gaza.